Presentación

A longametraxe animada producida por Deboura Cinema "O pequeno mago" basease na novela "Bieito Dubidoso" de Roque Cameselle publicada por Edicións Xerais.

O mesmo Roque é o autor do guión e dirixe esta película, cuxa trama desenvolvese en Tui e fala das aventuras dun neno prestidixitador, Bieito Dubidoso. Para uns un gran mago, para a maioría un milagreiro, que como asombrosas habilidades ten a facilidade para hipnotizar, a velocidade do movemento das súas mans e a capacidade para crear neve en calquera estación do ano e no lugar que lle veña en gana facelo.

Entre a multitude de personaxes que acompañarán a Bieito nas súas aventuras estarán: Pedro Cabaledo, o seu pai, comerciante de xílgaros e viño; a Nai, lectora sorprendente de libros en arameo; Destreza, unha nena provenzal, enorme e bondadosa; ou o simpático frade Jeztabel, que en parella cómica con o criado Perdiz farán esmendrellar de risa aos máis serios dos espectadores.

En resumo, a maxia, o humor, a reflexión histórica e o amor impregnarán as aventuras do personaxe.